segunda-feira, 7 de março de 2016

Fact and fiction




[One fact and several fictitious elements]

Yesterday we were in a performance of "The Rocky Horror Picture Show". And it felt kind of weird, cause when the show finished and we walked through the city, we saw a late night wedding, and how the bride threw the bouquet, and then the thunderstorm. It was as if "The Rocky Horror" had not yet really finished, as if reality and fiction were pretty close. Too close for our minds to tell which was which.



[Several facts and one fictitious element]

 "I'm looking forward for you to visit me, but don't forget that, as time goes by, I'll be carrying things from there to my new house: mattresses, doors, even the baseboards". My friend flew next day back to Germany, and as I listened to him talking about that old house that he had already sold and was about to abandon, I pictured myself it (that lovely house) as a living creature. Would he also be able to carry along with him all the memories that lingered there like and old phantom?

quarta-feira, 14 de maio de 2014

A vaquiña polo que vale


barbiar 
No poder más. Se dice de los bueyes que caminan con mucho trabajo, parándose a veces por falta de fuerzas, pero no por falta de voluntad.

albiana (andar) 
Dícese de la vaca cuando anda de un lado para otro, sin pararse a pacer. 

ollabeira
Hierba medicinal que se usa contra las lombrices de los terneros y produce efecto, según el vulgo, sólo con olerla. Se distingue la ollabeira femia, con flor blanca, de la ollabeira macho, sin flor.

remontear
Corvetear, saltar o hacer corvetas el ganado vacuno, cabrío, etc., cuando es joven.

escalamoucar
Meter ruido, especialmente el ganado vacuno en sus cuadras.

repoutar

Embestir un toro o una vaca; escornar.

zupar
Sorber, chupar, como los terneros sorben a tirones de la ubre.

fontaego
Dícese del buey hundido de cadera.


asalmuadas
Dícese de las vacas que tienen buen cuerpo.

cadrouco
Vaca vieja, flaca y de mal aspecto.


losco
Bravo. Non te chegues á aquèla vaca, qu'è algo losca.

barelo
Color claro de algunos bueyes y vacas del país. Nombre que se les aplica a los que tienen este color.


domingo, 27 de abril de 2014

Estrañeza


A lúa aboia enriba da aldea,
e as xentes no seu soño.
Na azotea, a miña cara en dirección á lúa, aspiro o arrecendo
dos adobes da estrañeza.
A lámpada acendida no xardín do veciño.
A miña lámpada, apagada.
A alumeada lúa no prato de cogombros,
no bordo do cántaro de auga.

Cantan os sapos.
Ás veces tamén a curuxa.

A montaña está moi preto: detrás dos arces e dos acebuches.
Visible, tamén, o deserto.
Non se ven as pedras, non se ven as pequenas flores.
Ao lonxe albíscanse sombras coma a soidade da auga, coma a voz de Deus.

Será medianoite.
Aí está a Osa Maior: un pouco por enriba do tellado.
O ceo non é azul; o día era azul.

Que recorde mañá ir ao xardín de Hassan e mercar ameixas e orellóns!
Que recorde mañá ir ao matadoiro e debuxar un plano das cabras, un plano das vasoiras de millo e as súas sombras na auga!
Que recorde sacar da auga canto antes a toda bolboreta que caia nela!
Que recorde non facer nada que poida molestar á lei da terra!
Que recorde mañá lavar con chubeh no regato a miña toalla!
Que non esqueza que estou só!

Enriba da soidade aboia a lúa.


Estrañeza, Sohrab Sepehrí



(A tradución para o galego é miña, a partir do libro Todo nada, todo mirada, en tradución para o castelán de Clara Janés, publicado por Ediciones del Oriente y del Mediterráneo)

chubeh: herba xaboeira


O camiño non tomado


Dous camiños bifurcábanse nun bosque amarelo
e sentindo mágoa por non poder coller ambos os dous
e viaxando só, durante un bo anaco parei, alí de pé,
e observei un deles tan lonxe como puiden
ata onde se perdía na espesura;

e entón elixín o outro, tan interesante coma o primeiro,
tendo, se cadra, tomado a decisión acertada,
porque era tupido, con herba moi verde e pouco transitado.

Aínda que ao camiñar por alí
vin que en realidade estaban igual de desgastados
e esa mañá ambos os dous estendíanse diante miña
aquelas follas que ningunha pegada pisara.

Ouh, gardei o primeiro camiño para outro día!
sabendo como sabía que un camiño leva a outro camiño,
e entón dubidei se algunha vez volvería por ese vieiro.

Sei que hei dicir isto cun salaio
nalgún sitio, agora e nos tempos que han vir:
dous camiños bifurcábanse nun bosque, e eu...
e eu collín o menos transitado
e iso foi o que marcou toda a diferenza.





O camiño non tomado, Robert Frost



[A tradución é miña]

quarta-feira, 23 de abril de 2014

Día do Libro: algúns comezos de historias






Era o mellor dos tempos e o peor dos tempos, era a idade da sabedoría e da tolemia, era a época da crenza e a época da incredulidade, era o momento da Luz e o momento das Tebras, era a primavera da esperanza, era o inverno da desesperación, tiñamos todo diante de nós, nada tiñamos diante de nós, todos nosoutros estabamos indo directamente cara ao Ceo, todos nosoutros estabamos indo na dirección contraria.

"Historia de dúas cidades", Charles Dickens







Unha mañá, ao espertar dun soño desacougante, Gregor Samsa achouse no seu leito transformado nun insecto monstruoso. Estaba deitado sobre a dura coiraza do seu lombo e, ao erguer un pouco a cabeza, percibiu a forma convexa e pardusca do seu ventre dividido por longas e arqueadas costras, tan altas que o cobertor da cama, que xa estaba a piques de esvarar ao chan, case nin se podía soster sobre elas. As súas numerosas patas, magoadamente fracas comparadas co grosor normal das pernas de Gregor, buligaban desesperadamente perante os seus ollos.
"Que me aconteceu?", pensou. Non, non era ningún soño. A súa habitación, aínda que un pouco pequena, era un verdadeiro dormitorio humano e alí estaba, en calma, no medio das súas catro paredes, que para el eran ben familiares. Enriba da mesa...

"A metamorfose", Franz Kafka [Tradución de Xosé M. García Álvarez]


  

Téndome pedido o fidalgo Trelawney, o doutor Livesey, e o resto daqueles cabaleiros que escribise todos os particulares sobre a Illa do Tesouro, do principio ao fin, ocultando nada máis que a posición da illa (e iso só porque aínda queda alí parte do tesouro), tomo a pluma no ano de graza de mil e setecentos e..., e volvo aos tempos de cando o meu pai rexentaba a "pousada do Almirante Benbow" e se veu instalar baixo o noso teito un home de mar moreno e cun corte de sabre na cara.
Lémbroo coma se fose onte: atravesando o limiar da pousada, o seu arcón mariñeiro seguíndoo nun carriño de man. Era un tipo alto, forte, pesado, moreno cor de noz; traía unha trenciña esfregándoselle ao camiñar polos ombros ensebados da casaca azul; tiña as mans curtidas, cheas de cicatrices, con uñas negras e rotas; e un corte de sabre sulcándolle unha das fazulas cun recordo branquicento, lívido, suxo... Lémbroo mirando a enseada en volta, asubiando mentres miraba -para logo romper coa vella canción mariñeira que despois tantas veces nos cantaría...

"A Illa do Tesouro", R. L. Stevenson [Tradución de Xavier Alcalá]


  


Se realmente queredes saber de que vai esta historia, a primeira cousa que debe interesarvos é onde nacín e como foi a miña piollosa infancia, en que andaban atarefados meus pais antes de eu vir ao mundo e todas esas paridas estilo David Copperfield. Pero non me sinto como para meterme niso. En primeiro lugar, abúrreme, e en segundo, aos meus pais daríalles unha tarantela a cada un se eu contase algo persoal sobre eles. Son moi melindreiros para estas cousas, especialmente meu pai. Son boa xente e todo iso, non digo que non, pero melindreiros coma o demo.

"O vixía no centeo", J. D. Salinger [Tradución de Xosé Ramón Fdez. Rodríguez]

sábado, 12 de abril de 2014

Fábulas - Esopo




Nestas Fábulas de Esopo destaca a fermosa tradución feita por Teresa Barro e, por suposto, a sabedoría asociada ás fábulas.

Tal e como nos comenta Teresa Barro na introdución:
"Nas fábulas hai ética e pedagoxía. O que non hai é didáctica moralizadora. Axudan a formar o sentido ético porque ensinan a ver a realidade e a distinguir, pero non dan receitas nen fórmulas simplistas".
E é que, certamente, a realidade é complexa e simplificar é falsear. Teresa Barro tamén comenta que:
"As moralexas que lle chantaron semellan ser un invento do cristianismo para entoldar a 'inmoralidade' destes contos onde non sempre é doado saber quen ten razón e quen non a ten, e onde os que máis saen castigados son os que non se saben defender e andan de papainas polo mundo adiante. ... O que hai nas fábulas é información sobre a vida e a natureza humanas".

Velaquí tedes dous deses anaquiños de sabedoría. Un que ten que ver con predicar co exemplo:
"Unha caranguexa andaba leccionando ao fillo para que non camiñara ladeiro e non encostara nas rocas. O caranguexiño daquela díxolle:
-Se queres que eu aprenda, camiña ti dereita e así teño a quen imitar."

E este outro, que ten que ver co necesario equilibrio entre a esperanza e a acción:
"Unha gralla esfameada pousou nunha figueira e, como os figos estaban aínda verdes, resolveu quedar alí sen remexer e agardar a que sazoasen. Un raposo que a viu alí chantada quixo saber o que facía, e cando a outra llo contou, o raposo faloulle así:
-Éche un desacerto consentir que a esperanza ocupe a atención toda. A esperanza vaite enganar sempre e non vas encher o bandullo con ela. "

A tradución, como xa comentei, é moi fermosa e está chea de vocabulario enxebre: aduanada, aganchar, asopapar, atorar, desa feita (nesa ocasión), dilingueiro, embarruzar, engulipar, enveredar, eslangreado, esmacelar, espapallar, estamburilar, forragaitas, foupeiro, galloufar, lambespiñas, pipiretada, pirulé, rebenar, runfar, turuleque, zoupeiro ...
E dunha rica fraseoloxía: a barullo, amigo de pechar o carto, amolar o pataco, andar coa matinela de, andar coa mesma leria, andar coa turra de, a piques, a pouco máis, chamar aos pés compañeiros, dar sebo ás canelas, mallar en ferro frío, polo si ou polo non, ter conta, tocar o zoco, vento tumbaloureiro, zocar os calcañares ...

Á parte, eu destacaría:
-o uso de o conto como equivalente a "o que aconteceu" con verbos como contar/entender ... : contoulle o conto / [díxolle] que entendera ben o conto ... (pax. 26, 31, 46)
-o uso de oito días para referirse a unha semana: de hoxe en oito días (pax. 19)
-a ponderación do verbo utilizando a construción o que: ¡Que sei eu o que alí falou para os convencer!) (pax. 22)

sexta-feira, 7 de fevereiro de 2014

O principiño




-Bos días -dixo o principiño.
-Bos días -dixo o comerciante.
Era un comerciante de píldoras perfeccionadas que quitan a sede. Engúlese unha por semana e vanse as ganas de beber.
-Por que vendes iso? -preguntou o principiño.
-Porque con isto afórrase moito tempo. Os expertos fixeron cálculos e afórranse cincuenta e tres minutos á semana.
-E que se fai con eses cincuenta e tres minutos?
-Cada un fai deles o que quere...
"Eu -pensou o principiño- se tivese cincuenta e tres minutos, camiñaría paseniño cara a unha fonte..."

O esencial é invisible aos ollos, iso é o que lle di o raposo ao principiño. O esencial está detrás do que vemos, do que escoitamos, do que percibimos. O principiño fálanos dos personaxes que foi coñecendo: o rei, o vaidoso, o borracho, o que acende e apaga os farois, o home de negocios... Hainos fachendosos, hainos obsesionados polo traballo, hainos obsesionados polo poder... 


Iso é o que vemos, a "parte de fóra". E o esencial? Pois para encontrar o esencial teriamos que conseguir meternos na alma desas persoas: saber por que chegaron a ser como son, saber por que se comportan desa maneira.

E por que non? Se cadra algún deles cambia (aínda que só sexa un pouquechiño), e en caso de que sexa así, seguramente será porque o principiño, coas súas preguntas, axudoulles a percibir a realidade doutra maneira, a enriquecer os seus mundos. 

 

A maxia dos libros (a maxia deste libro) é que, en realidade, o principiño estivo con todos eles pero tamén estivo connosco, para axudarnos a coñecernos mellor e a coñecer mellor o mundo, para axudarnos a descubrir o esencial. 


 (A tradución d' O principiño, de Antoine de Saint-Exupèry é de Carlos Casares)